Kishore Kumar Hits

Luar Na Lubre - Cantiga do Neno da Tenda (con Adriana Varela) şarkı sözleri

Sanatçı: Luar Na Lubre

albüm: Sons da lubre nas noites de Luar


Bos aires ten unha gaita
Sobre do Río da Prata
Que a toca o vento do norde
Coa súa gris boca mollada.
¡Triste Ramón de Sismundi!
Aló, na rúa Esmeralda,
Basoira que te basoira
Polvo déstantes e caixas.
Ao longo das rúas infindas
Os galegos paseiaban
Soñando un val imposíbel
Na verde riba da pampa.
¡Triste Ramón de Sismundi!
Sinteu a muiñeira d&dgoa
Mentres sete bois de lúa
Pacían na súa lembranza.
Foise pra veira do río,
Veira do Río da Prata
Sauces e cabalos núos
Creban o vidro das ágoas.
Non atopou o xemido
Malencónico da gaita,
Non viu o inmenso gaiteiro
Coa frolida dálas:
Triste Ramón de Sismundi,
Veira do Río da Prata,
Viu na tarde amortecida
Bermello muro de lama

Поcмотреть все песни артиста

Sanatçının diğer albümleri

Benzer Sanatçılar