Kishore Kumar Hits

Luar Na Lubre - A Frol D'augoa şarkı sözleri

Sanatçı: Luar Na Lubre

albüm: Sons da lubre nas noites de Luar


Madrugada de san Xoan,
Madrugada máis garrida,
Que baila o sol cando nace,
E rí cando morre o día.
¿Onde vai nosa señora,
Onde vai Santa María?
-Vai cara a banda do mar,
Vai cara a banda da ría.
¿Que dis a virxe, que dis,
Que dis Santa María?
-¿Cal será a meniña, cal
Que colla a frol d'augoa fria?
-Non será dama nin deuda,
Que será a princesa Aldina,
A princesa namorada
Filla do rei de Galicia
Tan feitiña e tan bonita
Aqueles seus ollos craros
Do color d'augoa da ría.
Soio ti, Aldina, serás
Quen leve a frol d'augoa fria.
érguete do leito, nena,
Ven cara a banda do mar,
Qu'anque ti veñas soíña
En compaña has de tornar.
Erguete do leito, nena,
Ven cara a banda da ría,
Qu'anque ti soíña veñas
Tornarás en compañía.
Na torre do real palacio,
Anque inda está lonxe o día,
Móvense os liños dun leito;
Algunha xente se erguía
"¡É a princesa! ¡Deul-a garde!"
Era a moi garrida Aldina
Que vai día de San Xoán
Catal-a frol d'augoa fria.

Поcмотреть все песни артиста

Sanatçının diğer albümleri

Benzer Sanatçılar