Ven, miña mai, ao cabo Ortegal, Baila na festa da ermida do Trebo. Se vés comigo heite levar Na proa do mundo perder o medo. Volve a Centeás, escribe este orballo. Volve a Centeás, escribe este orballo. Se vés comigo heite levar Patria vella, norte mariñeiro. Lava a ferida, cóntame o mar, Fala que dorme, nós espertaremos. Volve a Centeás, escribe este orballo Volve a Centeás, escribe este orballo. Lava a ferida, cóntame o mar, Roupa ao clareo espiras na fonte. Nada unha nena na luz do Peiral, Lévame a vida arribar da túa morte. Volve a Centeás, escribe este orballo. Volve a Centeás, escribe este orballo.