Novembro volveu, Esváense de néboa os cumes do corazón E viaxa nun marco o sorriso de alguén, Chamadas perdidas en gris, Son eu quen embaza o cristal outra vez, Unha avelaíña a durmir. Novembro volveu E canta esta vella canción a quen esqueceu. Debuxo ao voar Un mapa de luces: Seilán, O Vilar, Xerdiz, Conxélase a noite onde Castromaior A última vez que te vin, Mollei o vestido no campo do adeus, Caeron estrelas por ti. ♪ Alí seguirán As luces da terra e un leito no teu pumar. Novembro volveu, E canta esta vella canción a quen esqueceu. "Enterran semente", dixera Daniel, Sen culpa, sen nome nin lei, Marchei sendo nova e o medo quedou, Non é unha historia de amor. ♪ Alí han de seguir As luces da terra, Amada, Adrián, Manuel. No alto do ceo Caeron estrelas por quen nunca regresou. Conxélase a noite onde Castromaior A última vez que te vin. Se xean as augas da fonte, eu direi Que fale Novembro por min. E Novembro volveu E canta esta vella canción a quen esqueceu