A vida é como unha partida Na que se xoga con cartas marcadas Da igual o que fagas my n'gga Dende o comezo estaba amañada Busca unha saída de escape E finxe que a tes controlada Acabarás pedindo axuda Coma o resto de tontolabas Mentres tanto escolle un sendeiro Podes ser médico ou enfermeiro Cómprate un piso, un terceiro E adopta un can de palleiro Busca un soño, non sexas parguela Apunta alto, serás unha estrela O próximo Biggie ou Nelson Mandela Algo que deixe pegada na terra E cando falle busca unha pedra Busca unha ventá pa tirala e rompela Busca un ideal ao que aferrarte Busca unha praza e un estandarte Cando amaneza E arrinquen os motores dos tanques O mundo buscará a alguén, oh si Pero ese alguén non eres ti Non eres ti Non eres ti (non eres ti) Non eres ti (non eres ti, non) Non eres ti Cando todo falle busca unha pedra Busca unha ventá pa tirala e rompela Busca un ideal ao que aferrarte Busca unha praza e un estandarte Cando amaneza E arrinquen os motores dos tanques O mundo buscará a alguén, oh si E podo ser eu No noso peor ano Na nosa peor noite Sentímonos estranos E non hai ninguén que nos escoite Vivimos encerrados Mirando ao horizonte Esperando sentados A que o destino nos encontre Pero o futuro hai que ir a por el Hai que domalo como curioso corcel Queres construir a torre de Babel E en vez de cemento utilizas papel Cando se derrumbe busca unha pedra Busca unha ventá pa tirala e rompela Busca un ideal ao que aferrarte Busca unha praza e un estandarte E cando amaneza E arrinquen os motores dos tanques O mundo buscará a alguén, oh si Pero ese alguén non eres ti Non eres ti Non eres ti (non eres ti) Non eres ti (non eres ti, non) Non eres ti