Kishore Kumar Hits

A Quenlla - Maria Balteira şarkı sözleri

Sanatçı: A Quenlla

albüm: Na Boca Unha Cantiga


Señora da saia leda
E do refaixo garzón,
U-las gaitas cantoras
De bailar arroutador.
Señora percorredora
Dos camiños da nación,
U-las harpas bringuelas
Coma paxaros de amor.
Señora desvergoñada
Digna de todo louvor,
U-los reis e cabaleiros
Que andaban ao teu redor.
María Balteira,
Señora do sol,
U-los van os tempos
De arelas de amor.
María Balteira,
Señora do sol.
Os camiños dos xograres
Xa son camiños de dor,
E non resoan nas feiras
A túa leda canción.
Xa non se escoitan na terra
As coplas do teu louvor,
E os amenceres son tristes,
E harpas non hai no solpor.
A pedra fría te cobre
No último sono traidor,
E tal vez sobre ti medra
Malva de tristeira cor.
U-los van os tempos
U-los días son
Dos pinchacarneiros
Nos prados en flor.
Maria Balteira,
Señora do sol.
Os teus amigos son cinza
E o teu sorrir é remol,
Os teus camiños cegaron
E os teus amores son po.
Máis a túa lingua de carne
Pervive na nosa voz,
E algún día escoitaremos
O cantar do reiseñor.
Paxaro que canta á noite
Antes que saia o albor
Cantigas de tempo novo
Pra unha Compostela en flor.
María Balteira,
Señora do amor,
Han chegar os tempos
Do abrente do sol.
Maria Balteira,
Señora do amor.

Поcмотреть все песни артиста

Sanatçının diğer albümleri

Benzer Sanatçılar