Kishore Kumar Hits

A Quenlla - Castelao şarkı sözleri

Sanatçı: A Quenlla

albüm: 30 Anos con A Quenlla. De Amor, Dor e Loita


Cando cheguen os tempos non chegados,
Cando canten as mans traballadoras,
Nas - manceiras dos arados,
Nas salgadas redes pescadoras.
Galicia ceibe tallará o teu nome
Nas alturas do Pórtico da Gloria.
Pra que falen os anxos con un home
Que leva a patria enteira na memoria.
Unha nova Galicia sen cadea
Que non exportará máis sangue ó mar,
Nin asoballará unha man allea,
No peito arrolará teu soño, irmán.
Galicia ceibe tallará o teu nome
Nas alturas do Pórtico da Gloria.
Pra que falen os anxos con un home
Que leva a patria enteira na memoria.
Unha Galicia nova de mañán
Que xa ven alboreando e xa clarea
No peito arrolará teu soño, irmán,
Non o asoballará unha man allea.
Galicia ceibe tallará o teu nome
Nas alturas do Pórtico da Gloria.
Pra que falen os anxos con un home
Que leva a patria enteira na memoria.

Поcмотреть все песни артиста

Sanatçının diğer albümleri

Benzer Sanatçılar