Era un noite de lúa, Era unha noite crara, Eu pasaba polo río, de volta da muiñada. Topei unha lavandeira Que lavaba ó par da i-agua Ela lavaba no río, E unha cántiga cantaba. Moza que ves do muíño, Moza queves pola estrada: Axúdame a retorcere Miña sábana lavada. Santa María te axude, E san Lourenzo te valla. Desaparece lavandeira Como fumeira espallada. Ondeas sábanas tendera, Poza de sangue deixara! Era unha noite de lúa, Era unha noite crara!