Costureiriña bonita, ¿Donde te-los teus vestidos? Teño-os na hucha gardados Para por aos domingos. Costureiriña bonita, Di-me onde te-la cama. No puleiro das galiñas Nunha presiña de pallas. Costureiriña bonita Di-me onde te-lo niño. Nun carvallo da lhana No mais alto ramalliño. Costureiriña bonita, Onde garda-los melindres?. Teño-os na hucha gardados Para comer aos domingos. O amor da costureiriña Era papel e mollouse Agora costureiriña O teu amor acabouse.