Estou farto de todo, ¡non me importa nada! Teño o demo no corpo, e férveme a alma. Xa destrocei cristais, xa queimei bandeiras, E xa me parou o corazón unha semaniña enteira. Nada me ensinaron os mestres na escola, De pequechiño engancheime á coca-cola, Nunca me fiei dos libros de historia, Preferín tronzar muros coa miña cachola. E eu QUERO ROCK AND ROLL TODA A NOITE E TODO O DÍA E xisquei os principios todos nun montón, Fun idiota, crin na revolución, E o vello con razón moito me ten berrado. Meto os dedos nun enchufe e non dou espabilado. E hoxe é mal día para o r&r, O xugo deste arado non deixa ver o sol, E levo os petos cheos de pedras, ogallá foran millóns, Docamal miña raíña eu só che podo dar os meus beixos. E eu QUERO ROCK AND ROLL TODA A NOITE E TODO O DÍA E virouse tola a maquinaria do reloxo, Sacúdeme no peito se me quedo durmido, Que aquí non cre en deus nin sequera o crego, E xa adoece por mín o fodido burato. - Victor Neira -