Kishore Kumar Hits

Ruxe Ruxe - Sempre Adiante (feat. Dios Ke Te Crew) şarkı sözleri

Sanatçı: Ruxe Ruxe

albüm: Máis Cancións Sobre Toxos, Cardos E Silveiras


Camiña en contra do vento e da marea,
Saborea o que é a experiencia de bater sempre ca mesma pedra,
Que ninguén entenda nin comparta a túa idea
Nin tampouco o teu camiño pero arrea.
Xa sei que a viaxe nesta noria ten marea,
Non che queda outra
Pois a vida é o noso billete neste traxecto cara a morte,
Agárrate ben, abrocha o cinto e enche a bolsa de recordos,
Precisarémolos,
Cando entremos no túnel e na escuridade dos vagóns e esteamos sós,
é o principio o fin é ó final non temos medo pois
Estamos de paso pois
Pronto nos veremos neste novo comezo,
De novo neste circo, neste círculo, de novo no circuíto,
Esquivando outra vez o mesmo bache deixándoo atrás e mirando cara adiante.
Cando menos o esperes e menos o necesites
As pantasmas viranche a buscar alí a onde te atopes
E sacarán todo o lixo que tes gardado no piso pra fóra,
Tes a síndrome de Dióxenes,
Pero estabas limpo outrora.
Lume purificador, queremos lume!
Lume pra que arda toda a merda que te afunde
Nese cemiterio de bágoas que non foron choradas,
Chora como un home, sinte as puñaladas!
Cicatriz tras cicatriz, punto por punto,
Síntelas feridas do teu tempo no teu lombo
E pesan, ás veces escocen, ás veces, por sorte, namais que son roces,
Temos que botarlle whisky e huevos pra que pechen,
Pra que curen, pra que deixen de doer e que se borren (e non sanguen),
Temos que buscar a alegría na ironía de que o día a día é o único que temos (rebelarse)
Espabila, non pares, apura, xa sabes que isto pra sempre non dura
Como non te organices colega non che vai dar tempo teno por seguro
Pensar no futuro te agobia pois sabes que a morte non pode ter cura
Que a tumba está aí agardando por ti e que ata pagarás pola sepultura.
Adiante! Sempre adiante!
Sobrevive, medra, deixa descendencia
é o único que se che pide a cambio da existencia
O demais son pallas mentais, soños irreais, aires que nublan a túa cabeza.
Da misa media, e do que digo eu máis media, nin a metade
Non asintas como un borrego non sintas medo
En realidade queremos, necesitamos, crernos importantes
Magnificarnos tanto fainos ser máis vulnerables
Crer que despois da morte hai outra vida
Crer que un deus observa todo desde arriba
E si te elixe a ti, te elixe a ti, vas ao ceo
Prefiro pensar que esta vida é todo o que teño
A familia, os colegas, dos meus amores,
Son todo o que levarei para a miña tumba
Aforra as flores
O motor é amor, combustión eterna
Fai que mereza a pena este paseo pola terra
O paso do tempo do que non escapa ninguén
Fainos máis fortes e aprendemos del
E ós que andan metendo paus nas rodas
Trónzallelos! Non me fodas!
Espertei cun pesadelo, sumerxido nas profundidades mariñas
Vivilo para crelo!
Alí non existe a palabra piedade
Alí non chega a claridade
Só recordo moreas de sal na miña cara,
E non podía ver nada
Pero espertei e saquei tódalas pantasmas a bailar
De unha en unha, tangos, muiñeiras, breakdance
A danza do sol!
Leveinas de paseo polo mundo e berramos
Na desgarradora danza do deserto
Agora ando esperto cunha grande lección
Que teño sempre de perto
O paso do tempo do que non fuxe ninguén
Fainos aprender do que pasa nel
Para ben e para mal: adiante! Sen alentar.
Espabila, non pares, apura, xa sabes que isto pra sempre non dura
Como non te organices colega non che vai dar tempo teno por seguro
Pensar no futuro te agobia pois sabes que a morte non pode ter cura
Que a tumba está aí agardando por ti e que ata pagarás pola sepultura.
Adiante! Sempre adiante!

Поcмотреть все песни артиста

Sanatçının diğer albümleri

Benzer Sanatçılar