Kishore Kumar Hits

Sokram - LobbysHomes şarkı sözleri

Sanatçı: Sokram

albüm: Chuvia Ácida


Daquela traballaba naquel caso sen fin
Cando chamaron da empresa
Preguntando por min
Era alto segredo
Soaba algo gordo
Non dixeron nada polo cable
Só o lugar de encontro
Creía que tería que seguir un bo peixe
Un capo, un don, cun bastón
Cun bo feixe
Endexamais pensei que fora tratar daquilo
Misión: vixiar aos labregos
Mailo seu silo
Se me chaman esta tarde
Ti dilles que tou' reunido.
Eses tipos téñenme agarrado polos huevos'
Saben demasiado
E ameazan con contalo todo
Se non colaboro
Acaban coa miña carreira
Tipo das patentes
A semente xa non é da xente
E son canto máis de vinte homes diaños condenados
O bufet dos seus lacallos
Ten o asunto controlado
Pa' a semana que ven xa toca embargar a outro
Ponme un chopo de anís
Que estou que rebento
Eles queren un tanto por cento
E di o xuiz
Que se non o pago a tempo virán a por min
De momento hai un can controlando por aquí
Xa lle chegaba de carallo co cepillo na misa
Agora chupan do millo cunha sonrisa
Preparo o gatillo
E así remato na comisaría
Que saiba que o fixen polos meus fillos
Señoría
Mandan, dirixen
Gobernan os paises dende a sombra
Provocando o seu declive
(Lobbyshomes)
Detonan terras
Hambrunas, miserias
Coas súas estratexias
Expanden a pandemia
(Lobbyshomes)
Seguen a presa ás escuras
Atacan en manada
Visionandoa dende as alturas
(Lobbyshomes)
Loitan entre eles por comeren primeiro
Macho dominante gaña
Lévase o premio
(Lobbyshomes)
Fago que médicos
Falen mal dos xenéricos
Non me importa que se perdan vidas
Eu non teño culpa de que teñan sida
Nin que sexan probes
Se estes tratamentos teñen prezo
Se non teñen pasta que se fodan
Algo de culpa si que gastas
Logo eu poño a cara
E que vale a casta política
Os teus ditados afástanme da ética
E lévanme ao foco da crítica
Negocia
Non nacionalicela patente
Recorda
Que xa lle dou veleno á miña xente
Tarde ou cedo pagarás esta afrenta
Pagaremos máis adiante
Alégrome de verte
Dende que morreu mamá
Tiven que apañarme só
Pra vestir e alimentar a estes dous
O virus levouna en pouco tempo
Demasiado cedo
Eu tiña doce anos
Daquela
Eles eran pequenos
Eu estou sano
Pero eles naceron VIH
Por iso veño a preguntarche
Canto vale o tratamento novo pra a pequena?
Se traballo quince horas ao día
Igual me chega
Non teñen rostros
Nin nome
Son fillos do home
Pero bastan os do lobo
(Lobbyshomes)
Depredadores voraces
Non teñen aranceis
Teñen áxiles fauces
(Lobbyshomes)
Non hai rivais para eles
Os reis son peleles
Os presidentes son monicreques
(Lobbyshomes)
Compran, venden
Especulan, conspiran
Extorsionan
Son os que se chaman
(Lobbyshomes)
Non abren a bocaza
Saben que será peor
Venderemos que é cuestión
De raza e relixión
A mordaza é pensar
Que por comprar es mellor
Farán o que lles dicta
O seu televisor
Que cada ves' ten menos duración
Pero segue funcionando ben para os kalashnikovs
Todo se rixe por accións en bolsa
Que consultan no seu iPad
Grazas ao meu coltan
Sabíamolo ben
Provocamos a liorta
Pero o coltan ten
A importancia que ten
Tanto como para non querer evitar a matanza
O oitenta por cen
Da reserva ta' nesa franxa
Moitos intereses
Provocarían o meu cese
Colocarían a outro que obedecese
Sería a fin pra min
E non serviría de nada
No noventa e cinco
A decisión xa estaba tomada
Con catorce anos
Fun reclutado como un soldado
E puiden deixar esa mina
Deixar de ser un escravo
Poder loitar contra os rebeldes que mataron aos meus pais
Non hai dereitos humanos nin leis
Non sei de que falas
A nosa sangue está no móbil deses homes brancos
Morrendo todos polo mineral
O natural
Corro pero non podo escapar
Quero voar por riba do mar
Mandan, dirixen
Gobernan os paises dende a sombra
Provocando o seu declive
(Lobbyshomes)
Detonan terras
Hambrunas, miserias
Coas súas estratexias
Expanden a pandemia
(Lobbyshomes)
Seguen a presa ás escuras
Atacan en manada
Visionandoa dende as alturas
(Lobbyshomes)
Loitan entre eles por comeren primeiro
Macho dominante gaña
Lévase o premio
(Lobbyshomes)

Поcмотреть все песни артиста

Sanatçının diğer albümleri

Benzer Sanatçılar