Kishore Kumar Hits

Labregos do tempo dos Sputniks - Deitado frente ao Mar şarkı sözleri

Sanatçı: Labregos do tempo dos Sputniks

albüm: Libremente


Lingoa proletaria do meu pobo,
Eu fáloa porque sí, porque me gosta,
Porque me peta e quero e dame a gaña;
Porque me sai de dentro, alá do fondo
Dunha tristura aceda que me abrangue
Ao ver tantos patufos desleigados,
Pequenos mequetrefes sin raíces
Que ao pór a garabata xa nan saben
Afirmarse no amor dos devanceiros,
Falar a fala nai,
A fala dos abós que temos mortos,
E ser, co rostro erguido,
Mariñeiros, labregos do lingoaxe,
Remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
E quero estar cos meus, coa xente miña,
Perto dos homes bos que sofren longo
Unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
Non falo pra os ruis e poderosos,
Non falo pra os finchados,
Non falo pra os valeiros,
Non falo pra os estúpidos,
Que falo pra os que agoantan rexamente
Mentiras e inxusticias de cotío;
Pra os que súan e choran
Un pranto cotidián de volvoretas,
De lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
De tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
Berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
Deitada rente ao mar, ise camiño...

Поcмотреть все песни артиста

Sanatçının diğer albümleri

Benzer Sanatçılar