Nacín co vento do alento Sete estrelas me agardaban Era noite, lúa clara e atopei a túa mirada. Nacín nun ventre de sal Nunha terra de cristal Quisen ser musa do mar ao norte de aquel lugar. Máxico soño real Pode ser ben ou ser mal. Nacín co vento de alento sete estrelas me agardaban Era noite, lúa clara, e atopei a túa mirada. Non hai terra desde o mar Que eu non a poda tocar Coller a néboa na man e beixar o seu salgar. Nacín co vento do alento Sete estrelas me agardaban. Era noite, lúa clara e atopei a túa mirada. Máxico soño real. Pode ser ben ou ser mal. Non hai terra desde o mar que eu non a poda tocar. Coller a néboa na man e beixar o seu salgar. Máxico soño real. Pode ser ben ou ser mal. Nacín co vento do alento sete estrelas me agardaban. Nacín nun ventre de sal nunha terra de cristal. Non hai terra desde o mar que eu non a poda tocar. Nacín co vento do alento sete estrelas me agardaban.