O sol prende nunha liña As estrelas nun cordonhe A lúa nun fío de prata E eu no teu corazonhe. Aluméame luniña Aluméame con xeito Se non me das unha fala Esta noite non me deito. A lúa vai encuberta Xogando ás agachadas A lúa que me alumea Dentro do teu peito estaba.