Baixar da furgoneta
No cabo de Ortegal
Lembrando aquel vello poema
Xusto antes de tocar,
Ou no Bierzo galego,
Coa xente do lugar
Ceando xuntos nas pallozas
Na noite de San Xoan,
Verbas de mariñeiro
Na praia de Massó
Mentres o sol quenta con raiba
Os guindastres de Teis,
Revolta no Berbés,
Mantendo Vigo en pé,
Cidade proletaria.
Historias dunha terra
De cuncas e de mar
Que xuntos coñecemos
Nas voltas que a música nos dá.
Camiña e facer camiño
Escoitar, aprender e compartir.
As dornas de Combarro
Loitando contra o mar
Ou as gamelas de Ares
Que nunca naufragarán.
Tratorada en Chantada
Cun frío que nin dios,
Resistencia en Montealto
E unha nova okupación,
Mencer en Carballiño,
Coma sempre sen un can,
Ir vendo crecer a Iñaki
A golpes de Rock&Roll,
A mocidade activa,
Do noso Val Miñor
BERRA para facerse oir.
Historias dunha terra
De cuncas e de mar
Que xuntos coñecemos
Nas voltas que a música nos dá.
Camiña e facer camiño
Escoitar, aprender e compartir.
Facendo camiño ao andar
Nas voltas que a música
Nos dá, na cabeza,
Amizade, xente ceibe
Coma o vento
Ou as ondas do mar.
Un vento rebelde
Que vén de lonxe,
Agora en nós nomeámo-lo furacán
E agora que sone a
Música da colectividade
Coas suas historias de cuncas,
Terra, dignidade e mar.
Salvaterra do Miño, Riotorto, Pardiñas, Cangas, Ordes,
Poulo, Manselle, Montealto, Monteferro, O Courel...
A nosa música é do pobo e é para o pobo!!
Historias dunha terra
De cuncas e de mar
Que xuntos coñecemos
Nas voltas que a música nos dá.
Camiña e facer camiño
Escoitar, aprender e compartir.
Поcмотреть все песни артиста