Galiza docemente está ollando o mar, Ten vales e montañas e terras para labrar, Ten portos mariñeiros, cidades e labregos Cargados de traballos e de trafegos. A nosa terra nai, velliña e soñadora, Na voz da gaita rise, na voz da gaita chora. Non só é o que vemos, a terra o mar e o vento... Hai outra Galiza no sentimento! O compromiso da nosa xente, O patrimonio do noso pobo, Maxicamente vello, eternamente novo. A lingua é a forza que nos xungue e nos sostén E se a perdemos non seremos ninguén. Renunciar aos principios é ser mudo e morrer, Precisamos de ti se queremos vencer. Galiza somos nós, o latexo, a liberdade, A fonte da que agroma a máis forte irmandade. Galiza somos nós, o pobo e máis a fala, O lume que alampea nas barricadas. Galiza son as presas e a solidariedade, Un pobo en busca da súa liberdade. Galiza somos nós, o pobo e máis a fala, A nosa terra nai! Galiza somos nós, o latexo, a liberdade, A terra, o mar e o vento... Hai outra Galiza no sentimento!