Eu querer quéroche ben Teñote no corazón Solo me falta saber Se ti me queres ou non Ai la la Ai mal raio te comera Cando para min miraches Se era a que non querías Para que me namoraches Ai la la Olvidáchesme olvideite Boteiche terra nos ollos O día que me olvidaches Xa collín amores novos Ai la la Na miña ventana teño Regalo que ninguén ten Todas as horas do día Miro a quen me quer ben Ai Manuel Manuel del alma Ai Manuel ramiño de palma. Manuel foi o primeiro Que me entrou no corazón Ha de ser o derradeiro Después de la salvación Manuel Manueliño Manuel de onde vés Vés todo enfariñado E ti muiñeiro non es. Ai Manuel... Manuel fixo unha fonte Botoulle o bico de prata As mozas non beben nela Manuel todo se mata Ai Manuel...