Ai la la... Heime de subir ó alto Que no alto vexo ben (bis) Para ver os meus amores Que se falan con alguén (bis) Ai la la Non quero zapato baixo Que se me enterra na area (bis) Non quero mozos da vila Que os teño na aldea (bis) Ai la la Eu cantar non canto ben Pero teño unha de boa (bis) O amor que ha de ser meu Non quer muller cantadora (bis) Ai la la Costureiriña bonita Lévame os bois a beber (bis) Pola nai que te pariu Volverasmos a traer (bis) Ai la la